981 900 284 · info@m8factorial.com

Rúa do Socorro, 55 · Orzán, A Coruña

cada semana
un factorial de verán!

HARPA LÁSER

constrúe un instrumento musical de luz

17 a 21 de xullo

10:00 - 13:30

09:00 - 14:00
(madrugadores 25€/semana)

>> MATERIAL INCLUIDO <<

155€

Neste curso realizaremos a construción dunha harpa láser feita en madeira. Este instrumento electrónico elabórase cun conxunto de diodos láser e fotorresistencias (sensores de luz), un reproductor de mp3, un altofalante e un Arduino (placa con microcontrolador).

Cando a luz é cortada nalgún dos sensores, o Arduino envia unha instrución ao reprodutor de mp3 coa pista de audio que debe reproducir e este á súa vez envía o sinal de audio ao altofalante.

O curso non require de coñecementos previos nin tampouco de ningunha habilidade especial en artesanía ou electrónica. Simplemente ter interese pola música e o funcionamento dos aparellos electrónicos.

Ao final do curso levarás o instrumento feito e en funcionamento!

Áreas de coñecemento:

  • arte
  • electrónica
  • manualidades
  • música

>>> Se queres saber máis é só telefonar ao 981 900 284 e marcamos unha visita sen compromiso.