981 900 284 · info@m8factorial.com

Rúa do Socorro, 55 · Orzán, A Coruña

cultura maker
para mentes inquietas

Programación de videoxogos

A arte feita código!

HORARIOS A ELIXIR

18:00 Martes

17:30 Venres

INFO

+10 anos

1,5 hora/semana

45€/mes

Neste curso aprenderás a programar videoxogos nunha das linguaxes de programación máis usadas hoxe en día: Python. Como se dun idioma se tratase, imos ir aprendendo as palabras e a sintaxe para no futuro poderes facer os teus propios programas.

Ademais do código, para o videoxogo precisamos pensar e construir unha historia co seu pequeno guión. Unha vez feito iso, crearemos desde cero os personaxes e os escenarios pintando mediante píxeles cun programa de software libre chamado GIMP.

No inicio de cada aula descubriremos algunha curiosidade científico-matemática que nos axude a pensar como programadores. Ademais, no final de cada trimestre faremos algunha clase de hacking ético usando o terminal de GNU/Linux.

>>> Se queres saber máis só tes que telefonar ao 981 900 284 e marcamos unha visita sen compromiso.