981 900 284 · info@m8factorial.com

Rúa do Socorro, 55 · Orzán, A Coruña

cultura maker
para mentes inquietas

Robótica e gadgets

Constrúe máquinas con electrónica reciclada!

HORARIOS A ELIXIR

19:00 Venres

INFO

+10 anos

1,5 hora/semana

45€/mes

Neste curso aprenderás a construír robots e máquinas electrónicas. Para iso servirémonos de motores, interruptores, cabos, luces, altofalantes e outros compoñentes necesarios desmontados equipos vellos. Os límites son a imaxinación de cada quen e as leis da física.

Unha vez armado o protótipo, preparamos o circuito electrónico necesario e programamos o código para o seu funcionamento. Esta parte é tamén práctica pois precisa de ir comprobando que a actuación da máquina se corresponde co esperado.

No inicio de cada aula descubriremos algunha curiosidade científico-matemática que nos axude a pensar como programadores. Ademais, no final de cada trimestre faremos algunha clase de hacking ético usando o terminal de GNU/Linux.

>>> Se queres saber máis só tes que telefonar ao 981 900 284 e marcamos unha visita sen compromiso.