981 900 284 · info@m8factorial.com

Rúa do Socorro, 55 · Orzán, A Coruña

cultura maker
para mentes inquietas

Robótica e programación

Unha fórmula óptima para dar os primeiros pasos!

HORARIOS A ELIXIR

18:30 Luns

18:30 Mércores

16:30 Venres

INFO

+6 anos

1 hora/semana

35€/mes

Esta actividade está pensada para adentrarse no mundo científico-tecnolóxico desde unha perspectiva lúdica. Como se dunha factoría de inventos se tratase, construímos xoguetes propios combinando artesanía e electrónica. Para conseguir os motores, interruptores, cabos, luces, altofalantes e outros compoñentes necesarios desmontamos equipos vellos a partir dos materiais que familiares e amigos doan para a academia. Deste xeito práctico, fomentamos unha conciencia ecolóxica de reutilización/reciclaxe evitando xoguetes de plástico, ao tempo que traballamos a concentración e a psicomotricidade fina.

En combinación co artesanato tecnolóxico, damos os primeiros pasos na programación. Elaboramos os personaxes para os nosos videoxogos pintando con píxeles e programamos directamente en código, co que aprendemos mecanografía sen esforzo ningún. A linguaxe Python é unha das máis estendidas no mundo da informática de tal xeito que a sintaxe e o léxico son 100% útiles para o futuro.

Todo o software que usamos é libre e, por tanto, pódese descargar e usar legalmente sen custo algún.

 

>>> Se queres saber máis só tes que telefonar ao 981 900 284 e marcamos unha visita sen compromiso.