3 a 7 de xullo
10:00 - 13:30
09:00 - 14:00
(madrugadores 25€/semana)
120€
Robison Crusoe naufraga e atopa unha illa de robots. Rodeado de tanto metal, descubrirá o valor das emocións naturais e do afecto humano. Como fará para sair? Quererá marchar?
Esta é a curtametraxe feita polo alumnado no verán de 2018:
A STOP-MOTION é unha técnica de animación tradicional ben entretida onde o audiovisual é feito a partir de múltiples imaxes fixas. As persoas participantes teredes que desenvolver a historia proposta, deseñar por computadora os vosos personaxes e escenarios, imprimilos, recortalos e manexar a cámara de fotos que estará colocada sobre unha mesa de reproducións.
O proceso é totalmente colaborativo. Mentres unha persoa está a encadrar e enfocar a cámara, as outras compañeiras e compañeiros preparan a escena e a iluminación. Cada persoa coordinará unha escena, levando de xeito distribuído a responsabilidade das decisións artísticas.
No capítulo de posprodución, será necesario elixir músicas e gravar os diálogos, facendo aínda máis ameno o proceso creativo. No final do curso cada participante poderá levar a animación feita xunto cos seus personaxes.
Áreas de coñecemento:
>>> Se queres saber máis é só telefonar ao 981 900 284 e marcamos unha visita sen compromiso.