imaxina, crea, constrúe, desfai... divírtete !

factoría de inventos

(+ 6 anos)

Benvid@ ao mundo onde todo xorde da imaxinación! Aprendemos a construír xoguetes propios ao xeito dos nosos avós coa tecnoloxía do século XXI, persoeiros fascinantes achégannos á linguaxe dos ordenadores e grazas á natureza fabricamos instrumentos musicais.

A creatividade medra nas túas mans!

VENRES   16.30h - 17.30h

25€ / mes

sube de nivel !

programación de videoxogos

(+ 10 anos)

Se tes moitas ganas de crear un videoxogo con personaxes saídos do teu maxín, onde o malo sexa mooooi malo e o prota teña superpoderes á esgalla... este é o teu curso!

Aprenderás a crear historias fascinantes, escenarios nunca vistos e mesmo deseñar os personaxes en 3D. Sen te decatares serás un gran programador...

VENRES   17.30h - 19.00h

35€ / mes

constrúe o teu robot !

robótica & gadgets

(+ 10 anos)

Centos de artefactos conviven decote connosco, mais sabes como funcionan? En m8factorial, ademais de coñecelos por dentro, fabricaremos algúns deles!

Os principios fundamentais da robótica, os fenómenos máis enigmáticos da física e toda a paixón da electrónica nun só curso.

VENRES   19.00h - 20.30h

35€ / mes

pensando colectivamente !

robótica en coles

Alén da docencia impartida na nosa academia, temos propostas ben interesantes para ANPAs, asociacións veciñais e colectivos en xeral que desexen ofertar robótica e programación entre as súas actividades.

Tamén dispoñemos de propostas tecnolóxicas para adultos.

Contámosvos máis no 981 900 284

100m2 de paixón pola tecnoloxía !

Rúa do Socorro, 55 _ Orzán {A Coruña}


981 900 284

info arroba m8factorial ponto com