604 88 44 01 · info@m8factorial.com

Rúa do Socorro, 55 · Orzán, A Coruña

cultura maker
para mentes inquietas

Apoio en Matemáticas

Unha axuda grande dá os mellores resultados!

A partir de case unha década de experiencia docente ofrecemos aulas de apoio en matemáticas con dous obxectivos principais:

  • Proporcionar aulas de reforzo para quen necesita un empurrón con aqueles exercicios máis tediosos ou cando os conceptos se aplican mecanicamente sen comprender
  • Tomar vantaxe conceptual e práctica en preparación para próximos cursos ou para estudos superiores.

A aprendizaxe matemática é, sen dúbida, acumulativa. Por iso proporcionar unha boa base, con motivación e claridade nos conceptos, facilita en moito aprobar os exames presentes e subir nota nos futuros.

Por que aulas de matemáticas?
  • porque son a paixón deste docente que vos escribe
  • porque a matemática nunca debera ter perdido a súa condición de xogo.

Nas primeiras idades as crianzas desfrutan con xogos de lóxica e maxia, coas formas, soñan co infinito... mais ao entrar no ensino secundario en moitos casos parece todo ter mudado e infelizmente acaba por ser a materia que máis se complica. E daí a decisión de especializarse en matemáticas.

Por tanto, a matématica é unha ferramenta fantástica que debe ser cultivada no concreto, logo florece no abstracto e por último alumno e docente traen de novo os seus frutos para aplicar na realidade. Este é o camiño que aquí se propón para facer xuntos se así o tedes a ben.

O formato é de aula presencial na academia. As sesións son en grupos reducidos (entre 3 e 5 alumnos) e/ou individuais para o docente se adaptar as necesidades de cada persoa alumna.

TARIFAS (individuais)
5º 6º E.P. 30€/1h 50€/2h 75€/4h 120€/8h
1º 2º E.S.O. 30€/1h 50€/2h 75€/4h 120€/8h
3º 4º E.S.O. 35€/1h 60€/2h 90€/4h 140€/8h
1º 2º Bach. 35€/1h 60€/2h 90€/4h 140€/8h

5º 6º E.P.
30€/1h
50€/2h
75€/4h
120€/8h

1º 2º E.S.O.
30€/1h
50€/2h
75€/4h
120€/8h

3º 4º E.S.O.
35€/1h
60€/2h
90€/4h
140€/8h

1º 2º Bach.
35€/1h
60€/2h
90€/4h
140€/8h

Sen compromiso e sen custo, ofrécese unha primeira visita de 30 minutos para coñecer as necesidades do alumno.

TARIFAS (3-5 alumnos)
5º 6º E.P. 1h/semana 45€/mes
1º 2º E.S.O. 1h/semana 45€/mes
3º 4º E.S.O. 2h/semana 95€/mes
1º Bach. 2h/semana 95€/mes
2º Bach. 2h/semana 95€/mes

5º 6º E.P.
1h/semana
45€/mes

1º 2º E.S.O.
1h/semana
45€/mes

3º 4º E.S.O.
2h/semana
95€/mes

1º Bach.
2h/semana
95€/mes

2º Bach.
2h/semana
95€/mes

Pódese incrementar o número de horas de forma individual a razón de 25€/h