(+ 12 anos)
Novos tempos, novos xeitos de comunicar. Está na moda realizar vídeos ao vivo sobre asuntos que interesan a mocidade. Disto trata este campamento.
Realizaremos unha emisión en directo comezando de cero. Preparamos o decorado, a iluminación, e os equipos. A seguir, aprendemos como configurar tanto un servidor propio para transmitir vídeo como valéndose dos servizos máis coñecidos (Twitch, Youtube).
Alén da parte técnica, os contidos son importantes, é por iso que faremos un bo labor xornalístico previo para conseguir o interese da comunidade.
Para preservar os dereitos de imaxe do alumnado, a transmisión será só accesíbel mediante contrasinal para as familias inscritas.
áreas de coñecemento:
audiovisual, programación, telecomunicacións.
4 xullo - 8 xullo
10h - 13.30h
110€ · duración: 17h e media
servizo estendido (entre as 9h e as 14h)
válido para toda a semana
+25€
(+ 8 anos)
Se o teu son os videoxogos e che presta construír cousas chulas en Minecraft, vaiche encantar este campamento.
Erguerás rañaceos, casas con xardín, estradas... e todo sen facer un só clic co rato: en poucas liñas de código!
áreas de coñecemento:
arquitectura, arte, matemáticas, programación.
11 xullo - 15 xullo
10h - 13.30h
110€ · duración: 17h e media
servizo estendido (entre as 9h e as 14h)
válido para toda a semana
+25€
(+ 6 anos)
Unha proposta entretida onde coñecermos a música e a electrónica a través de xogos colectivos.
Cada xornada iníciase coa elaboración individual dun instrumento musical electrónico distinto. A seguir, próbase o seu funcionamento, practicando en conxunto unha melodía sinxela. Por último, o docente vai introducindo dinámicas de xogo diferentes onde toman o protagonismo as artes (pintura, mímica, baile, etc) combinadas coa música feita co instrumento elaborado.
áreas de coñecemento:
arte, electrónica, música e movemento, psicomotricidade fina.
18 xullo - 22 xullo
10h - 13.30h
110€ · duración: 17h e media
servizo estendido (entre as 9h e as 14h)
válido para toda a semana
+25€
Alén das aulas impartidas na nosa academia, temos propostas ben interesantes para ANPAs, asociacións, cooperativas e colectivos en xeral que desexen ofertar calquera das nosas materias entre as súas actividades. Ofertamos tanto cursos longos como obradoiros de pequeno formato.
Tamén dispoñemos de propostas tecnolóxicas para adultos.
Contámosvos máis no 981 900 284