A partir de case unha década de experiencia docente ofrecemos aulas de apoio en matemáticas con dous obxectivos principais:
A linguaxe matemática é un proceso continuo de aprendizaxe que se vai consolidando ao longo do tempo. Por iso proporcionar unha boa base, con motivación e claridade nos conceptos, facilita en moito aprobar os exames presentes e subir nota nos futuros.
Nas primeiras idades as crianzas desfrutan con xogos de lóxica e maxia, coas formas, soñan co infinito... mais ao entrar no ensino secundario en moitos casos parece todo ter mudado e infelizmente acaba por ser a materia que máis se complica. E daí a decisión de especializarse en matemáticas.
Por tanto, a matématica é unha ferramenta fantástica que debe ser cultivada no concreto, logo florece no abstracto e por último alumno e docente traen de novo os seus frutos para aplicar na realidade. Este é o camiño que aquí se propón para facer xuntos se así o tedes a ben.
O formato é de aula individual e presencial na academia.
5º 6º E.P. | 30€/1h | 55€/2h | 85€/4h | 130€/8h |
1º 2º E.S.O. | 30€/1h | 55€/2h | 85€/4h | 130€/8h |
3º 4º E.S.O. | 35€/1h | 65€/2h | 100€/4h | 150€/8h |
1º 2º Bach. | 35€/1h | 65€/2h | 100€/4h | 150€/8h |
Sen compromiso e sen custo, ofrécese unha primeira visita de 30 minutos para coñecer as necesidades do alumno.
>>> Se queres saber máis, é só telefonar ao 604 88 44 01 e marcamos unha visita sen compromiso.