7 a 11 de Xullo
10:00 - 13:30
09:00 - 14:00
(madrugadores 25€/semana)
Material incluído
+7 anos
135€
Neste obradoiro construiremos o clásico xogo do pinball con variantes inventadas de matemáticas, lingua, xeografía, etc. Segundo o oco onde a bola caia, debemos facer o que alí estea escrito. Podemos ir trocando de modalidade, simplemente colocando outras etiquetas nas caixas.
Se o xogo é de lingua e caemos na letra "C" debemos dicir unha palabra que teña esa letra e se, a seguir, caemos no "L", tocaría dicir unha palabra coas dúas letras (ex. CABALO). Caso estar na variante matemática, xogariamos a facer a operación matemática que indique o oco correspondente.
Feito con madeira e parafusos, personalizaremos o invento cos debuxos que máis nos presten!
>>> Se queres saber máis, é só telefonar ao 604 88 44 01 e marcamos unha visita sen compromiso.