18:00 Mércores
19:00 Venres
(horario a elixir)
+10 anos
1,5 hora/semana
48€/mes
Neste curso aprenderás a construír robots e máquinas electrónicas. Para iso servirémonos de motores, interruptores, cabos, luces, altofalantes e outros compoñentes necesarios desmontados equipos vellos.
Unha vez armado o protótipo, preparamos o circuito electrónico necesario e programamos o código mediante unha placa chamada Arduino. Esta parte é tamén práctica pois precisa de ir comprobando que a actuación da máquina se corresponde co esperado.
De cando en cando, descubriremos algunha curiosidade científico-matemática que nos axude a pensar como programadores. Ademais, no final de cada trimestre faremos algunha clase de hacking ético usando o terminal de GNU/Linux.
>>> Se queres saber máis, é só telefonar ao 604 88 44 01 e marcamos unha visita sen compromiso.