604 88 44 01 · info@m8factorial.com

Rúa do Socorro, 55 · Orzán, A Coruña

cada semana
un factorial de verán!

OSHWDem 2023

Con motivo da feira OSHWDEM 2023 que se desenvolve no sábado 7 de outubro na Domus (A Coruña) desde a academia participamos levando un feixiño de inventos humildes, onde os materiais reciclados sempre están presentes.

CNC PINTORA

Esta máquina, presente na edición de 2019, é quen de pintar con caneta (bolígrafo) deseños elaborados en SVG. Para iso servímonos de refugallo variado de impresoras, antenas de televisión e madeiras recicladas. Completamos a estrutura con pezas impresas en 3D.

Empregouse o Marlin Firmware carregado nunha placa Arduino Mega con RAMPS 1.4

A conversión de SVG para GCODE foi xerada a partir do script svg2gcode, adaptando posteriormente para o conxunto de servos (movemento da caneta e suxeción do papel) e motores auxiliares (extrusión e corte do papel).

A comunicación serie realizouse co Pronterface e as súas ferramentas derivadas como printcore, a fin de facilitar a impresión consecutiva de deseños.

Este é un vídeo coas probas para a edición deste ano:



AUTOMEME

Este orixinal xogo é o proxecto final de curso do alumnado de electrónica da nosa academia. Trátase de acertar cun ponteiro láser nunhas fotorresistencias, seguindo unha secuencia enunciada nunha matriz de leds. Quen acertar recebe como premio unha frase "meme" aleatoria programada en python. Todo animado cun orixinal disco láser xiratorio

Empregáronse madeiras e un minicomputador reciclados, matrices led, cabos, un Arduino UNO e moita moita imaxinación.



RELOXO LINEAL DE PAREDE

Este non é un reloxo especial. Ten horas, minutos e segundos como é habitual, ora non é circular nin dixital. É lineal. As agullas dos segundos soben de vagar durante un minuto e despois caen subitamente para voltar a subir no seguinte minuto. Nesa mudanza o minuto avanza, como é de esperar. Tamén o motor das horas fai o movemento debido cando lle chega a súa hora.

Empregáronse motores paso a paso, pezas impresas en 3D e unha placa Arduino Mega con RAMPS 1.4