30 Xuño a 4 Xullo
10:00 - 13:30
09:00 - 14:00
(madrugadores 25€/semana)
+9 anos
125€
Neste curso deseñaremos e programaremos un clásico dos videoxogos 2D: Super Mario. Na versión que máis vos guste: SM Bros, SM Land, SM World, SM Sunshine...
Crearemos, pintando con píxeis, os escenarios do Reino Cogumelo e os personaxes máis famosos: Mario, Luigi, Bowser e os propios da edición. Faremos a programación en Python, con códigos ben sinxeliños grazas a unha biblioteca creada para facer videoxogos.
Non require coñecementos previos.
>>> Se queres saber máis, é só telefonar ao 604 88 44 01 e marcamos unha visita sen compromiso.