18:00 Luns
18:00 Xoves
17:30 Venres
(horario a elixir)
+10 anos
1,5 hora/semana
48€/mes
Neste curso aprenderás a programar videoxogos nunha das linguaxes de programación máis usadas hoxe en día: Python. Como se dun idioma se tratase, imos ir aprendendo as palabras e a sintaxe para no futuro poderes facer os teus propios programas. Grazas a uns códigos (unha biblioteca) adaptados previamente, o camiño será ben máis fácil.
Alén do código, para o videoxogo precisamos pensar e construir unha historia co seu pequeno roteiro. Sen dúbida, a parte máis divertida e creativa é pintar os personaxes e os escenarios desde cero mediante píxeles co programa GIMP.
Ademais, de cando en cando, descubriremos algunha curiosidade científico-matemática que nos axude a pensar como programadores e descubriremos algúns comandos do terminal de GNU/Linux.
>>> Se queres saber máis, é só telefonar ao 604 88 44 01 e marcamos unha visita sen compromiso.