18:00 Martes
16:30 Venres
(horario a elixir)
+6 anos
1 hora/semana
38€/mes
Esta actividade está pensada para adentrarse no mundo científico-tecnolóxico desde unha perspectiva lúdica. Como se dunha factoría de inventos se tratase, construímos xoguetes propios combinando artesanía e electrónica.
Para conseguir os motores, interruptores, cabos, luces, altofalantes e outros compoñentes necesarios desmontamos equipos vellos a partir dos materiais que familiares e amigos doan para a academia. Deste xeito práctico, fomentamos unha conciencia ecolóxica de reutilización/reciclaxe evitando xoguetes de plástico, ao tempo que traballamos a concentración e a psicomotricidade fina.
Tamén damos os primeiros pasos na programación. Elaboramos os personaxes para os nosos videoxogos pintando con píxeles e programamos directamente en código, co que aprendemos mecanografía dun xeito lúdico.
Todo o software que usamos é libre e, por tanto, pódese descargar e usar legalmente sen custo algún.
>>> Se queres saber máis, é só telefonar ao 604 884 401 e marcamos unha visita sen compromiso.